Monday 13 de May de 2024

O Partido Popular pedirá a exención de impostos, prezos públicos e taxas municipais para aqueles propietarios cuxa vivenda fose ocupada.


Considera que, vulnerado o dereito á propiedade privada, as administracións públicas, responsables de garantilo, non debesen esixir obrigacións derivadas do mesmo.

O Partido Popular pedirá o próximo Pleno que se lles exima do pago do imposto de bens inmobles, así como, do pago do vao, do recibo de recollida de lixos, da auga e rede de sumidoiros a todos os oleirense cuxa vivenda en propiedade fose ocupada e durante o tempo que se manteña esta situación, ata que poidan recuperala en condicións de uso.

Tamén solicita que o Concello corra cos gastos doutros servizos, como o de electricidade ou gas, cando a situación económica dos afectados impida afrontalos.
A xuízo do Partido Popular de Oleiros é a administración pública a que non garante e protexe o dereito á propiedade privada, consagrado na Constitución Española, por tanto, é a responsable dos danos e prexuízos que a ocupación xera.

Está en mans do poder lexislativo da nación o terminar con esta situación, de xeito evidente inxusta, que afecta cada día a un maior número de cidadáns que senten impotentes e absolutamente indefensos.

“É lamentable, non só mírase para outro lado senón que vén tolerando cando non alentando por algúns grupos políticos representados no Congreso dos Deputados.”
Tamén solicitan que a Concellería de Interior e Seguridade Cidadá, Economía, Facenda e Urbanismo asesore aos propietarios para que recuperen canto antes os seus bens e adopten as medidas necesarias para que non se produzan máis ocupacións.

Así mesmo, pídese que poña á súa disposición dos afectados todos os medios municipais, como identificación dos ocupantes, policía municipal e departamento xurídico, para a evacuación da vivenda canto antes.